A Arte dos Monumentos. Do 15 ao 18 de abril de 2021.

Díptico O día 15 conmemórase o Día Da Arte e o día 18 de abril o Día Internacional dos Monumentos.

A ARTE DOS MONUMENTOS.

Para conmemorar estas dúas datas, o Concello de Ribadavia celebrou, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, as xornadas da ARTE NOS MONUMENTOS.

 

COÑECE OS MONUMENTOS DE RIBADAVIA.

O obxectivo é poñer en valor, divulgar a e dar a coñecer o noso patrimonio cultural, histórico e artístico de Ribadavia.

A actividade realizouse os días , 16, 17 e 18 de abril, e consistiu en visitar cada día un monumento, con control de aforo e con todas as medidas sanitarias e de seguridade.

Horario: ás 19  horas.

Punto de encontro: diante do monumento a visitar.

Programa e persoa que levará a cabo a visita:

Día 15: Santo Domingo e Capela do Portal. Con Lolín Lira Pousa e Isolina Rionegro Fariña.

Día 16: Castelo de Ribadavia.  Con Manuel García Valdeiras.

Día 17: Torre do reloxo. Con José Ramón Estévez Pérez.

Día 18: Igrexa e Convento de San Francisco. Con Jorge Lamas Bértolo.

 

Vídeo resumo de cada xornada:

 

 

 

 

A actividade foi presencial.

Podes consultar o díptico con información sobre os monumentos aquí: Díptico

 

CONCURSO DE REINTERPRETACIÓN

Ademais, para impulsar a arte en todas as súas formas, o Concello de Ribadavia, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, convoca o  Concurso de Reinterpretación mediante técnica libre, das diferentes obras e monumentos do Ribeiro.

Toda a información para participar do concurso aquí: Concurso de Reinterpretación artística.

 

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …