A ASOCIACIÓN SOLIDARIDADE INTERXENERACIONAL E O CONCELLO DE RIBADAVIA ORGANIZAN UNHAS XORNADAS SOBRE O ENVELLECEMENTO ACTIVO

 

  • As xornadas realizaranse os xoves 5 e 12 de setembro na casa da cultura en horario de 18:00 a 20:00 horas.

 

A asociación Solidaridade Interxeneracional e o Concello de Ribadavia organizan, de xeito conxunto, unhas xornadas sobre o envellecemento activo, onde o tema principal a tratar serán “as axudas técnicas e adaptación da vivenda”. Estas xornadas están dirixidas a toda a poboación, e en especial a familiares que realizan atención  a persoas maiores e/ou dependentes.

 

As xornadas celebraranse os xoves 5 e 12 de setembro na Casa da Cultura de Ribadavia en horario de 18:00 a 20:00 horas, e os obxectivos das mesmas son:

 

– Coñecer dun xeito detallado as axudas técnicas e formas de adaptar unha vivenda para as persoas maiores e/ou dependentes.

– Promover a formación entre as persoas que se adican ó coidado de persoas maiores e/ou dependentes.

– Facilitar a permanencia das persoas maiores e dependentes no domicilio.

– Mellorar dos coidados nas actividades básicas de vida diaria.

 

 

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir