A MASTERCLASS SOLIDARIA TROCA DE UBICACIÓN

Por mor da previMasterClass_2016sión de choivas para o vindeiro domingo día 29 de maio de 2016, a pista polideportiva A Picuxa, na Alameda de Ribadavia, en horario de 11.00 a 13.00 h, será o lugar que acolla a MasterClass Solidaria.

En dita actividade poderase practicar zumba, aeróbic latino e tonificación.

A actividade está organizada pola Cruz Vermella do Ribeiro en colaboración co Concello de Ribadavia (a través do Servizo Municipal de Deportes) e do ximnasio Vilafit.

As inscricións poderanse levar a cabo nas dependencias da Cruz Vermella, ou o propio día da actividade, dende as 10.00 h no propio lugar do evento, A Picuxa. Terá un custe de 5€ e levará consigo un boleto do Sorteo de Ouro.

 

Check Also

LISTAS PROVISIÓN TEMPORAL AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Listas para a provisión temporal de postos no Concello de Ribadavia – Auxiliar de Axuda …