ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019

O Concello de Ribadavia, a través da súa Concellería de Benestar Social, convoca por quinto ano consecutivo, para o curso escolar 2018/19, unha axuda para a compra de material escolar, co obxetivo de facilitar o acceso á educación dos nenos e nenas de Ribadavia dos cursos educación infantil (3 a 6 anos) de familias con recursos medios e baixos.

Trátase así de axudar ás familias que o necesitan, e que se atopan en desemprego, ou que teñen contratos que non superan un límite de ingresos. O Concello de Ribadavia aposta por este tipo de axuda empregando recursos propios para poder financiar o material escolar destes nenos/as.

No ano 2018, para que se beneficien un maior número de familias, incrementáronse os baremos de acceso para chegar a unidades familiares con ingresos mensuais de ata 2.017€. Así mesmo, neste ano como forma de potenciar o consumo no comercio local, na xustificación da axuda tan só se aceptarán facturas de establecementos do Concello de Ribadavia.

O prazo de solicitude será do 12/09/18 ó 05/10/18.

Requisitos:

  • Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.017€.
  • Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.
  • Achegar a factura de compra do material (Establecementos de Ribadavia) con firma e selo de pagado.
  • Que o límite de ingresos estexa dentro da seguinte táboa:
  INGRESOS AXUDA
Ingresos da unidade familiar de ata 1,50 do IPREM* (807€) 80€
Ingresos da unidade familiar de ata 3,75 do IPREM (2.017€) 50€

*Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, becas, subvencións, subsidio de desemprego entre outros.

 

Check Also

BASES DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO XUVENÍL “RESINAS DO AVIA-MIÑO”

O Obradoiro de Emprego Xuveníl “Resinas do Avia – Miño”, do que forman parte os …