ACCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Concellería de Benestar Social e Igualdade presenta as accións que se levarán a cabo no Día Contra a Violencia de Xénero:

– Exposición de “Carteis contra a violencia de xénero”, do 6 de —–novembro ao 11 de decembro, na Casa da Cultura de traballos do alumnado do I.E.S. O Ribeiro.

– Colocación da pancarta no balcón do Concello “ni n unha máis, nin unha menos”.

– “Xornadas de sensibilización contra a violencia de xénero” dentro dos Talleres de Memoria e animación social para persoa maiores de 60 anos, Entre outros temas contará con proxecións de cortos como “Hay salida para prevención de la violencia de xénero”.
– 23 de novembro en Ribadavia, ás 16:00h
– 24 de novembro no Centro Social de Francelos, ás 16:00h
– 27 de novembro no Centro Social de Franqueirán, ás 16:00h
– 28 de novembro no Centro Social de San Paio ás, 16:00h
-29 de novembro no Centro Social de San Cristovo, ás 16:00h

     -Duas charlas “Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres, nenos e nenas e pautas para a súa abordaxe” no IES Ribeiro o día 24.11.17.
Serán impartidas por unha técnica do Centro de Recuperación Integral para víctimas de violencia de xénero, cunha duración de 1:30h cada unha, e entre os 2 grupos serán 122 alumnos. Realizaranse en dous grupos:
– Ás 10:40h para alumnado de 1º de bacharelato
– Ás 12:40h para alumnado de 4º da ESO

–  Lectura de Manifesto e concentración dun minuto de silencio na praza maior en conmemoración o sábado 25 de novembro ás 12 horas, en recordo ás víctimas de violencia de xénero que houbo o longo do ano.

–  Iluminación en cor violeta de edificios do concello, como o Castelo de Ribadavia e o propio edificio do Concello.

–  Presentación do libro dunha muller vitima de violencia de xénero “As miñas fillas devolvéronme a vida” o día 27 no Museo Etnolóxico de Ribadavia

– Corto Campaña Contra a Violencia de Xénero.

 

Check Also

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA PARA O ANO 2018

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e da Consellería de Preseidencia, Administracións Públicas …