ACTIVIDADE PEQUENOS DETECTIVES

Do 21 ao 23 de Marzo vai ter lugar en Ribadavia unha actividade novidosa dirixida aos cativos de12823337_825662734206843_9040688085446217718_o 6 a 11 anos. Trátase de fomentar nos máis novos o espiritu da curiosidade e o aprendizaxe da historia de Ribadavia e da súa comarca de xeito ameno e didáctico.
Tanto o  Concello de Ribadavia, como o propio Museo Etnolóxico, colaboran coa Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia e con Xeitura, co gallo de poñer en contacto aos miudos cos espazos e acontecementos históricos de Ribadavia na que poidan ser protagonistas directos.
Os nenos deberán emprender unha búsqueda coma si dun tesouro se tratara polas rúas de Ribadavia, no castelo e máis no Museo Etnolóxico.
A actividade estará dirixida por profesionais de contrastada formación e experiencia cos nenos.
O custo é asequible e as prazas dispoñibles son limitadas a 20 nenos. Poderán apuntarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia a partires do martes día 15.

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …