ACTIVIDADES DESTA FINDE SEMANA

Esta fin de semana preséntase longa e chea de actividades de balde en Ribadavia. Xa dende hoxe á tarde temos a posibilidade de gozar da música en directo co grupo Alendalúa, no Local Social da Madalena ás 20:00 horas.13221419_1143104945748015_5390411974057438462_o

O domingo, día 15, ás 12:30 horas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia ábrenos as súas portas para a celebración do 30aniversario da súa apertura; co concerto do quinteto de vento AIRAS Ensemble. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura teremos o espectáculo-concerto “Xente Miuda, Moita Fartura” de Pablo Díaz, pertencente ao programa Falaredes de Normalización Lingüística. Está destinado a nenos/as dende o a 5 anos.

O lúns 16 ás 23:00 horas, no castelo, a Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro realizará un desfile no que poderedes ver todas as propostas desta tempada do Centro Comercial Aberto do Ribeiro.

O martes 17, Día das Letras Galegas, na Praza Maior, teremos unha exposición Libros de Manuel María, unha exposición dos libros en galego que temos como novidades na Biblioteca, unha exposición carteleria Día das Letras Galegas e unha actividade infantil a cargo do Contacontos Titiricleta de Anxo Moure ás 12:00 h.

Así mesmo no Primeiro andar da Casa da Cultura e no Salón de Plenos do Concello temos expostos poemas de Manuel María e a parte da súa obra.

 

Agardamos que gocedes desta fin de semana dedicada ás Letras Galegas e á figura de Manuel María, labrego con algo de poeta; ao igual que de Ribadavia e do Ribeiro
logo13130856_1007794082641360_9208085315722893854_o

Check Also

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018.

O Concello de Ribadavia abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para …