ANUNCIO DE ELABORACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL

ANUNCIO DE ELABORACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL DO CONCELLO DE RIVADAVIA SOBRE O SERVIZO DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AGUAS RESIDUAIS.

 

 

 

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal sobre o servizo de saneamento e depuración de augas residuais do concello de Ribadavia, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

 

  1. a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

 

  1. b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

 

  1. c) Os obxectivos da norma.

 

  1. d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

 

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos  durante o prazo de quince días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

 

Ribadavia, data da sinatura dixital.

 

Alcalde D César Fernández Gil

 

Check Also

Microrrelatos Gañadores do 1º Concurso de Microrrelatos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Premios Adultos: 1ºPremio: “Manaus”-Constanza Garabatos Funes-Vigo MANAUS Lembro un cuarto escuro nunha casa descoñecida no …