ANUNCIO DO ACORDO DO PLENO DO CONCELLO

No  Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 113 de data 19 de maio de 2018 publicouse o seguinte anuncio do concello de Ribadavia o que se publica na páxina web do concello a efectos informativos:

Aprobado por acordo do Pleno do concello de Ribadavia de data 26 de abril de 2018 o inicio de expediente de investigación sobre posible camiño con referencia catastral 32070A012090000YW, polígono 12, parcela 9019 , a efectos de determinar a titularidade do mesmo, de acordo co disposto no artigo 49 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, procédese a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia.

 Desde o día da data da devandita publicación, exporase, así mesmo, un exemplar do Anuncio do Boletín no Tabolerio de anuncios e na páxina web   do Concello de Ribadavia, durante quince días.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Compartir

Check Also

Concurso polo Día Mundial da Arte.

O 15 de abril é o aniversario de Leonardo Da Vinci, unha das mentes máis …