Aula Municipal de Teatro

A Escola Municipal de Teatro de Ribadavia crease a iniciativa do Concello de Ribadavia como parte dos servizos culturais da localidade, coa finalidade xeral de impulsar e potenciar a formación teatral e artística, así como a capacidade creativa dos nosos veciños, sen máis limitacións que as que impoña o número de prazas dispoñibles en cada curso. Con este regulamento preténdese establecer unha normativa mínima que rexa o seu funcionamento xeral e que permita obter os resultados desexados.

Tarifas-

As tarifas deste prezo público serán as seguintes:

Matrícula:

-Adultos: Empadroados, 20 €. Non empadroados 30 €.

-Nenos/as (ciclos infantil, primaria e secundaria): Empadroados 10 €. Non empadroados 20 €.

 

Mensualidades –

Adultos: Empadroados 30 €. Non empadroados, 40€.

Nenos/as (ciclos infantil, primaria e secundaria):  Empadroados15 € . Non empadroados 25€.

Estos importes poderán ser revisado anualmente mediante acordo da Xunta de Goberno Local na contía do incremento ou, no seu caso, diminución, do I.P.C. previsto para o ano seguinte.

 

A matrícula e os restantes dereitos de inscrición aboaranse dunha soa vez ao realizar a inscrición. As mensualidades deberán satisfacerse nos 10 primeiros días de cada mes.

 

Exencións e bonificacións. –

 

Aplicarase unha bonificación do 50% da matricula e da tarifa ás familias numerosas , en virtude do disposto no artigo 12.2 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas previa xustificación, de tal circunstancia mediante a achega da fotocopia do carné de familia numerosa en vigor a 1 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos a bonificación. – Cando dous ou máis membros dunha mesma unidade familiar estean matriculados na Escola de Teatro o segundo e seguintes terán unha redución na matrícula e na tarifa dun 10% . –

Poderá acordarse unha bonificación do 100% da tarifa do prezo público no caso das prazas reservadas para casos de urxencia social, previa proposta e informe favorable dos servizos socias e acordo da Xunta de Goberno Local.

 

Estarán exentos do pago do prezo público:

  • As Familias numerosas de categoría especial, en virtude do disposto no artigo 12.2 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, previa xustificación, mediante a achega da fotocopia do carné de familia numerosa en vigor a 1 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos a bonificación.
  • – Os alumnos con minusvalía igual o superior ao 33%, en virtude do disposto no artigo 30 da Lei 13/1982, de 7 de abril, de integración social de minusválidos, previa xustificación, mediante achega de fotocopia da resolución de recoñecemento de minusvalía ditada polo órgano competente.
Compartir

Check Also

Bonos Activa comercio – Adhesión comercios

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia …