Concello Ribadavia

AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL

A Consellería de Medio Rural ven de publicar as axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal. Entidades beneficiarias: a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura. b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables …

Leer máis

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

A Consellería de Medio Rural publicou as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o ano 2018. As persoas beneficiarias serán os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria …

Leer máis

AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE

No DOG nº6 do martes día 9 de xaneiro de 2018, a Consellería de Medio Rural publica as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade para o ano 2018. Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo e que a …

Leer máis

SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO

Pode consultar as bases no apartado de Áreas Municipais/Urbanismo ou premendo no seguinte enlace: http://ribadavia.es/wp-content/uploads/2017/11/Bases-ARI-2017-14%C2%BA-CONVENIO-Ribadavia-Galego.pdf Máis información nas dependencias do concello. Preguntar polas arquitectas.

Leer máis

AXUDAS PARA REFORMAR COCIÑA E BAÑOS – PROGRAMA REFORMA17

O PROGRAMA REFORMA17 ofrece axudas para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar. Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venda. Os …

Leer máis

AXUDAS E LIÑAS DE APOIO PARA AS EXPLOTACIÓNS PRODUTORAS E TRANSFORMADORAS DE UVA E CASTAÑA AFECTADAS POLAS XEADAS E AS SARAIBAS

Axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas dos días 27 e 28 de abril do presente ano, ás explotacións produtoras de pataca, cereal e horta afectadas pola sarabia do día 6 de xullo, e ás explotacións produtoras …

Leer máis