AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DE RIBADAVIA (AEDL)

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ofrece os seguintes servizos:

  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos nichos de emprego. (Parque Empresarial de Ribadavia).
  • Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
  • Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
  • Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.
  • Xestión e tramitación de subvencións e axudas, tanto do propio Concello de Ribadavia como de empresas e emprendedores.
  • Colaboración en diversos proxectos e accións con outras áreas do concello, como a Oficina de Turismo, Servizos Sociais, Orientación Laboral, etc.
  • Organización, planificación, xestión e coordinación da Feira do Viño do Ribeiro.