AXUDA DO BONO PARA AUTÓNOMOS

Esta axuda destinarase para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros.

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

  • Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
  • Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
  • Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.

Persoas beneficiarias

As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. A aplicación informática da sede electrónica estará dispoñible desde as 9.00 horas do día seguinte ao da súa publicación no DOG ata as 23.59 horas do día de finalización do prazo.

Pode descargar as bases desta axuda premendo aquí.

Check Also

AXUDA PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

Axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que ten a …