AXUDA PARA AMPLIAR A REDUCIÓN DAS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS

Mediante a presente axuda, da Consellería de Emprego, Economía e Industria da Xunta de Galicia, permitirase que a persoa traballadora por conta propia (autónoma) goce das reducións durante un máximo de 6 meses adicionais aos primeiros 6 meses (nos casos que lles fora concedida), completando así un máximo de 12 meses de redución, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

Persoas beneficiarias

Serán as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, segundo modificación efectuada pola Lei 31/2015,
do 9 de setembro, desde a súa alta inicial ata o sexto mes desde dita alta.

Acción subvencionable e importe da subvención

1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis meses, correspondentes aos meses sétimo a décimo segundo seguintes á alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota, que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.

3. O importe mensual da subvención será a diferenza entre a cota que abonaría un autónomo coas condicións establecidas no parágrafo anterior, acollido ás axudas do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, e a cota fixa mensual establecida durante os primeiros seis meses desde a súa alta inicial.

4. O importe da subvención que se vai conceder permitirá á persoa traballadora por conta propia ou autónoma manter, durante os seis meses subvencionables, a cota reducida da que goza ou, de ser o caso, tivese gozado, durante os primeiros seis meses desde a súa alta, se tivese cotizado pola base mínima establecida con carácter xeral, sen prexuízo das variacións ou actualizacións legais que se poidan producir na base e/ou o tipo de cotización durante o período subvencionable.

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2017.

 

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

 

 

 

Check Also

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018.

O Concello de Ribadavia abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para …