AXUDA PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA

Convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

As axudas van destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Contía da axuda:

  • Un máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes.
  • Un máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

Check Also

MEDIDAS PREVENTIVAS CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

Bando informativo sobre as medidas preventivas contra incendios forestais. Infórmase que segundo a normativa vixente …