AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA 2017

No DOG nº116 do día 20 de xuño de 2017 sae publicada a Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2017.

Beneficiarios: viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a produción de uva a vinificación.

*Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Poderá subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:

a) Reimplantación de viñas.

b) Reconversión varietal.

c) Mellora das técnicas de xestión de viñas.

Prazo de presentación de solicitudes: será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pódese consultar as bases premendo aquí.

Check Also

CLARA ISAMAT PRESENTA E PROXECTA NO RIBEIRO O SEU DOCUMENTAL “FERMENTACIÓN ESPONTÁNEA”

O vindeiro día 20 de novembro ás 10:30, a recoñecida sumiller Clara Isamat chega ao …