AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA PARA 2018

A Consellería do Medio Rural publica no DOG nº 73 do 16 de abril de  2018, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, na súa convocatoria para o ano 2018.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación.

Investimentos subvencionables

O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha ou varias das actividades seguintes:
a) A reimplantación de viñas.
b) A reconversión varietal.
c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

Prazo para presentar as solicitudes

Un mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …