AXUDAS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (IEBT)

O obxectivo desta axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia é impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

Entidades beneficiarias

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Prazo de presentación de solicitudes

Rematará o 30 de setembro de 2017.

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

Check Also

MEDIDAS PREVENTIVAS CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

Bando informativo sobre as medidas preventivas contra incendios forestais. Infórmase que segundo a normativa vixente …