AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) acaba de publicar no DOG nº 18 do 25/01/2018 as axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais para o ano 2018.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

b) As microempresas e pequenas empresas, de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta da que tiña no momento da solicitude da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes: rematará o día 26 de febreiro de 2018.

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

Compartir

Check Also

BONO NATALIDADE DO CONCELLO DE RIBADAVIA.

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria celebrada o pasado 3 de maio …