AXUDAS DO IGAPE A PROXECTOS DE NOVOS EMPRENDEDORES. PROGRAMA GALICIA EMPRENDE.

Esta axuda pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación de pequeñas e medianas empresas ou apoiar a realización de investimentos en novas Pemes promovidos por novos emprendedores para a ampliación temperá dos seus establecimientos.

As subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, poderán cubrir ata o 35% dos investimentos comprendidos entre 25.000 e 500.000 euros. Os investimentos subvencionables abranguen desde a obra civil e bens de equipamento ata outros investimentos en activos fixos mobiliarios, así como activos inmateriais, gastos de aprovisionamento ou canon fixo de franquías, entre outros.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o próximo 12 de febreiro de 2016.

Descarga as bases premendo aquí.

Check Also

LISTAS PROVISIÓN TEMPORAL AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Listas para a provisión temporal de postos no Concello de Ribadavia – Auxiliar de Axuda …