AXUDAS E LIÑAS DE APOIO PARA AS EXPLOTACIÓNS PRODUTORAS E TRANSFORMADORAS DE UVA E CASTAÑA AFECTADAS POLAS XEADAS E AS SARAIBAS

Axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas dos días 27 e 28 de abril do presente ano, ás explotacións produtoras de pataca, cereal e horta afectadas pola sarabia do día 6 de xullo, e ás explotacións produtoras e transformadoras de uva, castañas e de froiteiras afectadas polas saraibas do día 27 de agosto, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Os apoios poderán materializarse a través de dúas liñas:

Liña 1: refinanciamento de pasivos.

Liña 2: apoio ao circulante.

*No caso de explotacións vitícolas, deberán estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia e ter viñedos na zona xeográfica delimitada nos mapas de xeadas dos días 27 e 28 de abril de 2017, e de sarabias do día 27 de agosto de 2017, emitidos por MeteoGalicia. No caso de adegas, deben cumprir o requisito de que elaboraron viño de denominación de orixe con uvas da colleita do ano 2016 procedentes de viñedos da zona xeográfica delimitada no referido mapa de xeadas.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de outubro de 2017.

Pode consultar as bases da convocatoria da axuda premendo aquí.

Check Also

CLARA ISAMAT PRESENTA E PROXECTA NO RIBEIRO O SEU DOCUMENTAL “FERMENTACIÓN ESPONTÁNEA”

O vindeiro día 20 de novembro ás 10:30, a recoñecida sumiller Clara Isamat chega ao …