AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018.

O Concello de Ribadavia abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para o curso escolar 2017-2018.

O Concello de Ribadavia, a través da súa Concellaría de Benestar Social, convoca por cuarto ano consecutivo, para o curso escolar 2017/18, unha axuda para a adquisición de material escolar, co obxectivo de que os nenos/as de Ribadavia dos cursos Educación Infantil (3 a 6 anos) de familias con recursos baixos e/ou medios poidan ter as mesmas posibilidades na súa educación.

Coa finalidade de axudar ás familias con menos recursos, que se atopan en situación de desemprego, cobrando unha pequena prestación, ou con contratos parciais e/ou temporais, o Concello de Ribadavia fai un esforzo, utilizando medios propios, para poder financiar o material escolar destas persoas.

Neste ano 2017, para que se beneficie un maior número de familias, incrementáronse os baremos de acceso e as cantidades que se concederán.

Entregarase un folleto informativo a todos os potenciais alumnos/as nos vindeiros días.

PRAZO DE SOLICITUDE do 12.09.17 ao 05.10.17.

Requisitos:

– Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 1.198€.
– Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.
– Aportar a factura de compra do material con sinatura e selo de pagado.
-Que o límite de ingresos estea dentro da seguinte táboa:

INGRESOS / AXUDA
1º Ingresos da unidade familiar de ata 1,50 do IPREM* (798€) / 130€
2º Ingresos da unidade familiar de ata 2,25 do IPREM (1.198€) / 100€

*Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM): é un índice empregado en España como referencia
para a concesión de axudas, becas, subvencións, subsidio de desemprego, entre outros.

Máis información;
Concellaría de Benestar Social, do Concello de Ribadavia. Tlf.: 988 477 100

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …