AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES PARA O ANO 2018

A Consellería de Medio Rural publica as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2018.

Entidades beneficiarias:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas.

c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas nas organizacións interprofesionais agroalimentarias.

d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e que estean recoñecidas a nivel nacional, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

g) Os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de produtos e mercados en terceiros países.

Prazo de presentación de solicitudesdeberán ser presentadas antes do día 15 de febreiro de 2018.

Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.

Check Also

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA PARA O ANO 2018

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e da Consellería de Preseidencia, Administracións Públicas …