AXUDAS PARA INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRICULTORES MOZOS E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

A Consellería de Medio Rural publica no DOG nº 54 do 16 de marzo de 2018, as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

As liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, son as seguintes:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Prazo de presentación de solicitudes: un mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Pode consultar as bases íntegras da axuda, premendo aquí.

Compartir

Check Also

Bonos Activa comercio – Adhesión comercios

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia …