AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL

A Consellería de Medio Rural ven de publicar as axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Entidades beneficiarias:

a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.

b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables.

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. Non se admitirán proxectos cuxa contía real de execución sexa superior a 150.000 euros.

O prazo para presentar solicitudes remata o 20 de febreiro de 2018.

Pode consultar as bases da axuda premendo aquí.

Check Also

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019

O Concello de Ribadavia, a través da súa Concellería de Benestar Social, convoca por quinto …