AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS PARA A ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS PARA O ANO 2018

A Consellería do Medio Rural publica no DOG nº 19 do día 26/01/2018 as axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o ano 2018.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os seus produtos producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica.

d) As organizacións interprofesionais.

Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto.

c) Custos xerais vinculados aos gastos determinados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.

d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

Prazo de presentación de solicitudes: rematará o día 27 de febreiro de 2018.

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

Check Also

BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia acordou aprobar as bases para a …