AXUDAS PARA REFORMAR COCIÑA E BAÑOS – PROGRAMA REFORMA17

O PROGRAMA REFORMA17 ofrece axudas para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar.

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venda.

Os particulares interesados en acollerse ás axudas do programa da Xunta Reforma 17 para realizar melloras nas súas cociñas e baños poderán presentar as súas solicitudes nos establecementos colaboradores ata o 17 de novembro, salvo que se esgote antes o crédito.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, …) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos a man de obra; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

Información de interese:

1. Teléfono de información: 900 81 51 51

2. Establecementos da provincia de Ourense adheridos ao programa

3. Bases reguladoras (DOG)

Check Also

CLARA ISAMAT PRESENTA E PROXECTA NO RIBEIRO O SEU DOCUMENTAL “FERMENTACIÓN ESPONTÁNEA”

O vindeiro día 20 de novembro ás 10:30, a recoñecida sumiller Clara Isamat chega ao …