AXUDAS PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO E PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE ASALARIADOS POR PARTE DOS AUTÓNOMOS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as axudas para a promoción do emprego autónomo. Consta das seguintes liñas:

Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo.

O prazo remata o 30 de setembro de 2017.

Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas. 

  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous meses.
  • As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida.
  • O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017.

Pode consultar as bases premendo aquí

Check Also

LISTAS PROVISIÓN TEMPORAL AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Listas para a provisión temporal de postos no Concello de Ribadavia – Auxiliar de Axuda …