BASES DO XIII PREMIO ABRENTE

Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT) convoca, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, a 13ª edición do Premio Abrente para Textos Teatrais 2018, de acordo coas seguintes bases:
Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta convocatoria, sempre que estea escrita na normativa oficial da lingua galega.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.500 euros e a edición da obra gañadora. O Concello reservará por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da obra e entregará ao gañador/a un total de vinte exemplares. Igualmente, o Concello poderá promover, a través da Mostra Internacional de Teatro, a produción para a escenificación da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor/a.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 22 de xuño de 2018 e deberán enviarse ao seguinte enderezo: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Praza Maior s/n, C.P. 32400, Ribadavia, Ourense e deberase indicar no exterior do sobre “13º Premio Abrente para Textos Teatrais, 2018”

Pode consultar as bases completas premendo aquí. 

 

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …