BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia acordou aprobar as bases para a concesión de axudas para material escolar do curso 2018/2019.

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia no prazo que vai do 12 de de setembro ao  5 de outubro de 2018.

A. Requisitos

– Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.017€.
– Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.
– Ser alumno/a de Educación Infantil en calquera dos centros educativos pertencentes Concello de Ribadavia.
– Aportar a factura de compra do material con firma e selo de pagado.

B. Documentación a presentar

– Certificado de matricula do centro escolar para o curso 2018-2019 do/a alumno/a.
– Fotocopia do libro de familia e DNI dun/unha dos proxenitores ou tutor/a legal.
– Certificado de convivencia da unidade familiar.
– Fotocopia compulsada e completa da declaración da renda referida ó exercicio 2016. En caso de non estar obrigados a facela ou de non presentala voluntariamente, deberá presentar un certificado negativo de Facenda.
– No caso de traballar, deberán presentar fotocopia da última nómina ou documento que acredite os ingresos familiares. Así mesmo presentarán certificado doutras axudas que perciban doutros organismos ou entidades (RISGA, Axuda a Integración do Menor, pensións non contributivas, prestación por fillo/a cargo…ou pensión de orfandade, xubilación, viuvez…).
– Se a situación é de desemprego, deberán presentar tarxeta do INEM e certificado de estar percibindo ou non prestación económica.
– Factura de compra do material con firma e selo de pagado.
– Nº de Conta IBAN, onde ingresar o importe da axuda concedida, de ser o caso.

· C. Baremo

Nenos/as de 3 a 6 anos -Educación Infantil-:

*Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) é un índice empregado en España como referencia
para a concesión de axudas, becas, subvencións, subsidio de desemprego entre outros.

Pode consultar os requisitos e a documentación a presentar aquí.

Check Also

CONVÓCASE PRAZA DE PROFESOR/A DE VIOLÍN

Convócanse procedemento para cubrir unha praza de profesor de violín e asignaturas complementarias mediante a …