Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia foi galardoada cun dos premios da Campaña de Animación á lectura Maria Moliner

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia foi galardoada cun dos premios da Campaña de Animación á lectura Maria Moliner que convoca todos os anos o Ministerio de Cultura. Con este son xa 5 os premios acadados pola biblioteca municipal, xunto cun premio “Abril, mes dos libros” da Consellería de Cultura. Unha boa nova para a Boblioteca que aumentará o seu fondo de libros con novidades editoriais, e que á súa vez axuda á dinamización do comercio local, xa que se repartirá a adquisición de exeplares de maneira equitativa en todas as librerías de Ribadavia.

O proxecto premiado foi ” A lectura para educar en igualdade de xénero” levada a cabo ao longo deste ano 2018 e que comprendia dende mostras bibliográficas ensalzando o papel da muller escritora, libros de fomento da igualdade de xénero, igualdade de oportunidades, etc…, ata contacontos, teatro….

Cabe destacar exposicións bibliográficas como Mulleres escritoras, Elas tamén contan, Dia da Muller Traballadora, Mª Victoria Moreno, Grandes Escritoras da Historia, etc…

No referente as actividades de animación á lectura que formaron parte deste proxecto, mencionar “Contacontos ilustrado de Mulleres Galegas” de Polo correo do vento, “Sabela e o paxaro máxico” de Tarabelos Teatro, “ O souto dos prodixios” de Producción Dispersas, “Monstruosas emocións” de Donde viven los monstruos ou “A maxia dos contos” de Ian & Elisa.

Participaron nestas actividades nenos do CEIP Plurilingüe de Ribadava e o CRA Amencer, aos que teño que agradecer a súa colaboración, traendo con entusiamo aos nenos as actividade que lles propoñia, asi como todo tipo de público familiar nas actividades abertas, e por suposto, sempre gratuitas.

Check Also

PRAZAS POLICÍA LOCAL DE RIBADAVIA

Hoxe saiu publicada no BOE (Boletín Oficial del Estdo) a convocatoria das cinco prazas de …