CASA DA CULTURA

Na Casa da Cultura ofrécense, entre outros, os seguintes servizos:

CONSERVATORIO PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA

CONSERVATORIO: O Conservatorio profesional de música é un centro público de ensino musical de grao elemental e profesional de titularidade municipal, no que o remate dos estudos se expide a titulación correspondente a especialidade homologada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ESCOLA: A Escola é un centro público de ensinanza musical non regrada, de titularidade municpal que conta co recoñecemento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

OBXECTIVOS:

O obxectivo prioritario é o de proporcionar unha formación  da mellor calidade ó alumnado, pero tamén ten unha importante parte de dinamización social a nivel comarcal con actividades musicais, artísticas e culturais, ademais de formar alumnos destacados a nivel docente, concertista e outros que serven de canteira para as distintas formacións existentes na comarca ( tradicional, folk, grupos locais, banda, coro..)

ESTRUCTURA:

O Conservatorio está estructurado en dous graos: elemental e profesional, sendo a idade mínima de acceso 8 anos.

A Escola organízase en dous bloques:

  • Música e movemento: para nenos de idade comprendida entre 4 e 6 anos.
  • Práctica instrumental e formación complementaria o instrumento: dende 7 anos en diante sen límite de idade.

ESPECIALIDADES QUE SE IMPARTEN : violín, viola, guitarra, piano, frauta travesa, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino, tuba e percusión completa.

TITULACIÓN:

Ao remate das ensinazas do grao  profesional de música obterán o Título Profesional no que constará a especialidade cursada.

ACTIVIDADES:

O centro realiza unha intensa actividade, non só en Ribadavia senón tamén fora da comarca:  concertos, intercambios  con outros centros educativos , concertos didácticos, asistencia a cursos formativos, audicións, participación no entroido...

ADMISIÓN:

Durante todo o mes de maio está aberto  o prazo de reserva de praza. O período de formalización de matrícula será na segunda quincena de xuño.

No mes de setembro, haberá un prazo extraordinario para alumnos con materias pendentes ou casos excepcionais e tamén para alumnos novos.

 

 

Teléfono: 988 471 900

ENDEREZO:

Avenida Redondela S/n 32400 Ribadavia