SERVIZOS DO CONCELLO

Horario de atención ao público das oficinas municipais:

  • De luns a venres: De 8.30h a 14.30h
  • Sábados: De 10.00 h a 13.00 h

Os sábados unicamente estará operativo o servizo de rexistro de entrada de documentos para a presentación de documentación.

Para máis información:

Enderezo: Praza Maior, 4 – 32400 Ribadavia, Ourense

Tel: 988477100

Fax: 988477101

O concello ofrece, entre outros, os seguintes servizos:

  • Rexistro: permite a presentación de documentación dirixida á entidade municipal.
  • Portelo Único: permite presentar documentación ou instancias dirixidas a calquera consellería ou departamento que forme parte da Xunta de Galicia, e tamén presentar documentación dirixida á Administración Xeral do Estado.
  • Punto de Información Catastral: atende as demandas de información catastral do público interesado.
  • Xestións e consultas sobre calquera tema de auga, alumeado, recollida do lixo, limpeza, tráfico, mantemento e conservación, etc.