Certificados de empadroamento colectivo para a solicitude da moratoria no pago da hipoteca da vivenda habitual prevista no RDL 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19.

A moratoria sobre débedas hipotecarias para a adquisición de vivenda habitual e a axudas en relación co pago de rentas arrendaticias da vivenda habitual ofrecese a aquelas persoas que padezan extraordinarias dificultades para o seu pago.
Na normativa deses R.D. esixese, entre outros documentos:

  • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.

Durante o peche dos rexistro presenciais, e aos efectos dos mencionados RDL poderase solicitar e recibir estes certificados:

  • De modo electrónico a través da Sede electrónica do Concello, evitando deste xeito a circulación de persoas pola rúas. Para poder obter os certificados de Padrón na Sede electrónica, é imprescindible identificarse na Sede electrónica, a través dun certificado dixital o a través de claves concertadas do Sistema Cl@ve. O certificado na Sede electrónica xerase de maneira inmediata, sendo por tanto a maneira máis rápida de conseguir o certificado.
  • Aquelas persoas que non dispoñan dos medios suficientes para obter o certificado a través da Sede electrónica,  poden utilizar o modelo de solicitude mostrado a continuación e facelo chegar ao Concello a través do correo electrónico indicado no modelo.

Traballamos co obxectivo de que o tempo de solicitude e recepción do certificado sexa o menor posible, dada a situación excepcional na que nos atopamos.

Poden obter información sobre esta cuestión a través do teléfono de Padrón- Estatística municipal: 988477100 ou correo electrónico informatica@ribadavia.gal

  SOLICITUD CERTIFICADO DE EMPADRONAMENTO

Compartir

Check Also

ACTA DE VALORACIÓN DE MÉRITOS DE VARIAS PRAZAS DENTRO DA BOLSA DE EMPREGO 2024

Publícanse as actas definitivas de valoración de méritos, dentro da bolsa de emprego 2024, para …