CÓMO CHEGAR

Por carretera:

Por Ribadavia discorre a Autovía das Rías Baixas (A-52) que conecta Vigo con Madrid, pasando pola localidade, e que ademáis vertebra o sur de Galicia e a súa conexión co Eixo Atlántico: Ferrol-Oporto-Lisboa.

Ribadavia dispón de estación de autobuses que fan as rutas diarias de conexión coas principais cidades, como Ourense e Vigo.

Por tren:

Ribadavia conta con estación de tren e conexións diarias dende Ourense e Vigo, así como enlaces (vía Ourense) cos trens de alta velocidade que chegan dende A Coruña e Santiago de Compostela.

Por aire:

Os aeroportos máis próximos son os de Peinador, en Vigo (a 45 minutos) e Lavacolla, en Santiago de Compostela (a 65 minutos).

Distancias ás principais cidades

Ribadavia dista en 30, 70 e 90 Km, respectivamente, das cidades de Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, distancias que coas infraestruturas viarias actuais de conexión supoñen 20, 45 e 65 minutos, respectivamente.

  • Ourense: 30 Km (20 minutos)
  • Vigo: 70 Km (45 minutos)
  • Santiago de Compostela: 90 Km (65 minutos)
  • Pontevedra: 94 Km (70 minutos)
  • Lugo: 115 Km (100 minutos)
  • A Coruña: 170 Km (110 minutos)

Situación

O Concello de Ribadavia atópase nunha zona de gran riqueza natural e histórica, coñecida especialmente pola calidade da súa produción vitivinícola, na comarca do Ribeiro, e polas súas augas termais.

Sitúase xeográficamente no oeste da provincia de Ourense, na Comunidade Autónoma de Galicia, na marxe dereita do río Avia.

Conta cunha extensión de 25,2 km2, formado por 8 entidades parroquiais. Limita pola parte norte cos concellos de Beade e Cenlle, polo parte occidental con Melón e Carballeda de Avia, na cara este con Castrelo de Miño e ao sur con Arnoia e Cortegada.

A súa orografía é un dato destacable pola presencia de dúas unidades orográficas que conforman unha espectacular paisaxe de fértis e profundos vales de marcadas vertentes, coa presenza do río Avia e a súa desembocadura no río Miño.