Na Casa da Cultura ofrécense, entre outros, os seguintes servizos:
CONSERVATORIO PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA
CONSERVATORIO: O Conservatorio profesional de música é un centro público de ensino musical de grao elemental e profesional de titularidade municipal, no que o remate dos estudos se expide a titulación correspondente a especialidade homologada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
ESCOLA: A Escola é un centro público de ensinanza musical non regrada, de titularidade municpal que conta co recoñecemento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
OBXECTIVOS:
O obxectivo prioritario é o de proporcionar unha formación da mellor calidade ó alumnado, pero tamén ten unha importante parte de dinamización social a nivel comarcal con actividades musicais, artísticas e culturais, ademais de formar alumnos destacados a nivel docente, concertista e outros que serven de canteira para as distintas formacións existentes na comarca ( tradicional, folk, grupos locais, banda, coro..)
ESTRUCTURA:
O Conservatorio está estructurado en dous graos: elemental e profesional, sendo a idade mínima de acceso 8 anos.
A Escola organízase en dous bloques:
- Música e movemento: para nenos de idade comprendida entre 4 e 6 anos.
- Práctica instrumental e formación complementaria o instrumento: dende 7 anos en diante sen límite de idade.
ESPECIALIDADES QUE SE IMPARTEN : violín, viola, guitarra, piano, frauta travesa, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino, tuba e percusión completa.
TITULACIÓN:
Ao remate das ensinazas do grao profesional de música obterán o Título Profesional no que constará a especialidade cursada.
ACTIVIDADES:
O centro realiza unha intensa actividade, non só en Ribadavia senón tamén fora da comarca: concertos, intercambios con outros centros educativos , concertos didácticos, asistencia a cursos formativos, audicións, participación no entroido...
ADMISIÓN:
Durante todo o mes de maio está aberto o prazo de reserva de praza. O período de formalización de matrícula será na segunda quincena de xuño.
No mes de setembro, haberá un prazo extraordinario para alumnos con materias pendentes ou casos excepcionais e tamén para alumnos novos.