CONVÓCANSE LISTAS PARA AXUDA NO FOGAR

O Concello de Ribadavia convoca listas para a Provisión Temporal de Postos de Traballo na Categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar.

As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo de presentación é ata o 1 de decembro 2017 (20 días naturais dende a publicación do anuncio no BOP nº 260, do 11 de novembro de 2017)

Para poder presentar solicitude, debe posuir unha das seguintes titulacións:

•Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas no domicilio.
•Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas en institucións.
•Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou atención a persoas en situación de dependencia.
•Título de formación profesional de técnico en coidados auxiliares de enfermería ou de xeriatría.

E ademais;
•Permiso de conducir B1.

Check Also

BASES PARA A RENOVACIÓN DAS LISTAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

O obxecto da presente normativa é regula-la convocatoria e elaboración de listas con aquelas persoas …