CONVOCATORIA DE PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código do procedemento TR306A).

Para adecuar a normativa autonómica á lexislación estatal publícase a Orde da Consellería de Traballo e Benestar, do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde é un instrumento fundamental das políticas activas de emprego que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 que lles permitirá progresar no mercado laboral.

Competencias clave que se convocan

  1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave: • Comunicación en lingua galega. • Comunicación en lingua castelá. • Comunicación en lingua estranxeira (inglés). • Competencia matemática.
  2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

Presentación de solicitudes e prazo

  1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.
  2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 23 de marzo de 2018.
  3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https.//sede.xunta.gal./chave365).

Máis  información en Agrupación de concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño

Telf. 988477100

Orientadoras laborais. Oficinas no Concello de Ribadavia

Mercedes. M. García

Inés Vázquez

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir