CORRECCION DE ERROS NAS BASES DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓN DE REACTIVACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL E COMERCIAL DE RIBADAVIA         

 

Vistas as bases do programa de subvencións de reactivación do tecido empresarial e comercial de Ribadavia aprobado pola Xunta de Goberno Local de data 29.06.2020 e dado a existencia dalgún erro que pode dar lugar a contradicción e confusión a hora de presentar as solicitudes, a Xunta de Goberno Local de data 06.07.2020, acorda correxilo, quedando do seguinte xeito:

 

Na base 4.2, onde dí “Concedérase unha contía fixa máxima de 450 € a aquelas persoas físicas ou xurídicas sen traballadores ao seu cargo” debe dicir “Concedérase unha contía fixa máxima de 450 € a aquelas persoas físicas ou xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo”

 

            Na base 8.1.c) onde dí: a) En aqueles casos nos que non se viron afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 do 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 do 14 de marzo, e sufrisen unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de acordo cos criterios establecidos na base 4ª, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, deberán acreditar esta redución mediante a achega da información contable que o xustifique desde os 6 meses previos á declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata a data de presentación da solicitude de subvención”, debe dicir: “a) En aqueles casos nos que non se viron afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 do 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 do 14 de marzo, e sufrisen unha redución da súa facturación durante o periodo que estivera declarando o estado de alarma, de acordo cos criterios establecidos na base 4ª, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, deberán acreditar esta redución mediante a achega da información contable que o xustifique desde os 6 meses previos á declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata a data de presentación da solicitude de subvención.”

 

Que se publique o presente acordo na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios do Concello.”

 

Ribadavia, 6 de xullo do 2020.-

 

O ALCALDE,

Asdo.: Cesar Manuel Fernández Gil.-

 

 

 

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …