CURSO “A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO INTRAXUVENIL”

A Casa da Xuventude de Ribadavia acolle este venres, 26 de febreiro, ás 20:30 horas o curso “Deconstruir o amor romántico e erradicar a hipersexualización do control 2.0: abrindo camiños na erradicación da violencia de xénero intraxuvenil”. deconstruir o amor romantico

Co obxetivo de asumir unha actitude crítica ante as violencias do patriarcado e detectar actitudes machistas entre a mocidade, Ángel Amaro Quintas (Sociólogo, Máster en Investigación Educativa e Experto en Infancia e Xuventude en Risco Social), será o encargado de levar este curso cunha metodoloxía cooperativa entre os asistentes, establecendo así un brainstormin e un pequeno grupo de discusión sobre o tema. Na sesión tratatánse temas como: os mitos do amor romántico, a especificidade da violencia de xénero intraxuvenil (VXI), o cyberbullying e os micromachismos nos centros educativos. 

Destacar por outra banda o éxito da iniciativa do noso técnico, Manuel Araujo, xa que faltando días para o curso, temos todas as prazas cubertas. Se aínda queres participar envía os teus datos persoais (nome e apelidos, email e número de teléfono) á dirección omix.ribadavia@gmail.com, xa que teremos un listado de agarda por si algún dos anotados non poidera asistir.

 

Check Also

LISTAS PROVISIÓN TEMPORAL AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Listas para a provisión temporal de postos no Concello de Ribadavia – Auxiliar de Axuda …