Día da Muller. 8 de marzo de 2021. Homenaxe a Ángela Rodicio.

O Acto central do Día da Muller foi a presentación do mural homenaxe a Ángela Rodicio, realizado pola ilustradora e deseñadora ourensá, Iria Prol.
Ás 13 horas presentouse o Mural Ilustrado en homenaxe á xornalista Ángela Rodicio, natural da localidade de San Cristovo, e que destaca pola súa traxectoria profesional como enviada especial de política internacional e escritora. Foi premio Espasa de Ensaio en 2016, por “Las Novias de la Yihad”. Xornalista especialista en Oriente Medio, zona que cubre desde 1988.
– No acto de presentación conectouse en directo coa xornalista, que agradeceu o recoñecemento e reivindiou a necesaria e imprescidible loita pola igualdade de xénero.
Rematouse coa lectura do manifesto institucional, estando presentes compoñentes de tódalas forzas políticas con representación na coorporación.
  .

Outras accións realizadas para conmemorar o Día da Muller, foron:

  • Iluminación da fachada do Castelo de cor violeta e colocación pancarta en apoio ao Día Internacional da Muller.

         

 

 

 

  • Exposición bibliográfica “Elas Contan”, na casa da Cultura, realizada pola Biblioteca Pública Municipal.

 

  • Fin de semana deportivo, coa celebracion do Partido de fútbol sala feminino pola Igualdade de Xénero no Deporte, entre o Ribeiro do Avia F.C. e o F.S. Couto Ourense.

 

Continuaremos conmemorando o 8M todos os días do ano, porque queda moito por loitar e moito camiño que percorrer.
Compartir

Check Also

AVISO: INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS

Inspección técnica de turismos Lugar: Polígono Industrial de San Cristovo. Ribadavia. Días: do 27/06/2024 ao …