Día Internacional da Muller. 8 de marzo

O Día Internacional das Mulleres Traballadoras, tamén chamado Día Internacional da Muller, 
conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade cos homes, 
na sociedade e no seu pleno desenvolvemento como persoa. 

Conmemórase o 8 de marzo. 

Institucionalizouse por decisión das Nacións Unidas en 1975, co nome de Día Internacional da Muller.


O Concello de Ribadavia contará con varias actividades para celebrar dito día durante todo o mes de marzo.



- Difusión do video "Son Muller" realizado por nenas e nos do CEIP de Ribadavia.
- Exposición e mostra bibliográfica titulada Mulleres de ciencia, un abano amplo de mulleres de tódalas épocas e paises na Casa da Cultura do 2 ao 15 de marzo.
- Concurso Fotográfico. do 6 de febreiro ao 1 de marzo.

- Entrega de Premios do Concurso fotográfico. 6 de marzo ás 13:00h no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia. 
- Cata de viños. O 7 de marzo ás 18:30h. na Madalena 
- Homenaxe ás Irmáns Touza, 8 de marzo.
  11:30h Acto institucional co descubrimento da placa na fachada da súa casa. Na Praza Maior.
  12:00h Visita turística teatralizada polas rúas da vila de Ribadavia.
  Inscrición: serviciossociais@ribadavia.es


- Ciclo Cine da Muller. No Museo Etnolóxico. Ás 20:30h.
  13 de marzo "Figuras Ocultas"
  20 de marzo "Sufragistas"
  Entrada de balde.


- Teatro-Coloquio. 14 de marzo, ás 19:30h na Casa da Cultura. 
  "La señorita Julia". Entrada de Balde.


- Mesa Redonda de Mulleres. 28 de marzó, ás 19:00h no Salón de Plenos do Concello.


Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …