ELECCIÓN AOS SINDICATOS DE FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL

Comunicado ao Concello, o propósito de celebrar eleccións por CC OO, UGT, CIG e CSIF , en data 08/02/2019 de conformidade co artigo 7.1 do Regulamento de eleccións a órganos de representación do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado aprobado por Real Decreto 1846/1994, de 9 de setembro, sométese a información pública polo prazo de doce días hábiles, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Taboleiro de anuncios do concello e sede electrónica.

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Comunicado ao Concello, o propósito de celebrar eleccións por CC OO, UGT , CIG e CISF en data 12 de decembro de 2018, de conformidade co artigo 25 c) do Regulamento de eleccións a órganos de representación dos traballadores na empresa, aprobado por Real Decreto 1844/1994, de 9 de setembro, e co artigo 67.1 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, darase publicidade no Taboleiro e sede electrónica do preaviso da celebración das eleccións.

Devandito preaviso estará exposto ao público até o inicio do proceso electoral.

Ribadavia, 18 de decembro de 2018.

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir