ENTROIDO EN RIBADAVIA

Entroido no Concello de Ribadavia. Dende o próximo 5 de febreiro e ata o día 12 goza de actividades para pequenos e maiores:

Luns 5 de Febreiro: obradoiro de creación dunha máscara de entroido. Para nenos e nenas de 6 a 10 anos na Casa da Xuventude de Ribadavia.

Mércores 7 de Febreiro: obradoiro dun Photocall para nenos e nenas de 4 a 10 anos na Casa da Xuventude de Ribadavia.

Xoves 8 de Febreiro ás 16 horas: comparsa do Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia polas rúas de Ribadavia ata a Praza Maior.

Xoves 8 de Febreiro a partir das 20:30 horas festa das Comadres (Organizada polas mulleres de Ribadavia)

Venres 9 de Febreiro ás 10:30 horas: Comparsa de nenos e nenas da Gardería na Praza Maior

Venres 9 de Febreiro ás 11:30 horas: Comparsa de nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe Ribadavia polas rúas de Ribadavia ata a alameda

Domingo 11 de Febreiro ás 17 horas: desfile de charangas e comparsas dende o I.E.S O Ribeiro ata a Praza Maior.

Luns 12 de Febreiro ás 16:30 horas: Baile infantil no Clube Artístico. Entrada de balde.

Si queres participar no desfile do domingo podes consultar as bases aquí.

 

 

Check Also

RIBADAVIA CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DO SEU PATRIMONIO

● Levarase a cabo unha visita guiada ao Museo do viño de Galicia e unha …