EXPEDIENTE DE HONRA ÁS IRMÁS TOUZA

   A historia di que as irmás Touza, Lola, Amparo e Julia, lideraron en Ribadavia unha rede de solidariedade coas persoas que fuxían do nazismo durante a 2ª Guerra Mundial. Xunto a elas, catro veciños colaboraban na rede de solidariedade e fuxida, José Rocha Freijedo , Javier Minguez Fernandez (O Calavera), taxistas, Ricardo Pérez Parada (O Evangelista), un emigrante retornado que exercía labores de tradución, e Ramón Estévez, barqueiro. As ribadavienses desta rede salvaron vidas humanas, arriscando as propias.

   Ata o ano 1964 nada se coñeceu desta historia, cando un xudio neoiorquino chamado Isaac Retzmann e un galego emigrado Amancio Vázquez que posibilitou que a historia das irmáns Touza vira a luz da man do libreiro e intelectual   Antón Patiño, xa que tanto as tres irmás coma os seus compañeiros e cómplices gardaron silencio eterno. En 1966 morreu Lola Touza, líder desta rede de solidariedade. No ano 2005 foron recoñecidas como xustas entre as nacións, e teñen recoñecementos da Asemblea Universal Sefardí En setembro de 2008 as tres irmás recibiron unha homenaxe en Ribadavia.

Por todo esto a corporación de Ribadavia por unanimidade tomou acordo no Pleno de abrir un Expediente de Honra para as Irmás Touza e todos/as aqueles ribadavienses que colaboraron con elas na rede de fuxida. A este Expediente pódese sumar calquera persoa que o desexe; só ten que cumprimentar a folla de acordo e entregala no rexistro do Xeral do Concello de Ribadavia ou enviala a cultura@ribadavia.es nun prazo dun mes que remata o vindeiro 12 de Maio de 2018.

Pode descargar a folla aquí. 

 

 

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …