EXPOSICIÓN “25 ANOS MAIS”

O pasado mes de decembro, os actos do 25 aniversario da Universidade de Vigo culmiron no campus de Ourense coa celebración dunha exposición no centro da cidade que, baixo o título 25 anos máis, recollía a visión desta institución de destacados persoeiros con vinculación coa provincia. Este venres a mostra comezou en Ribadavia o seu periplo por diferentes vilas ourensás.gal1

A mostra inaugurouse hoxe, venres, en Ribadavia coa asistencia de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Ignacio Gómez, alcalde de Ribadavia; e María López, concelleira de Cultura. “En Ribadavia comezamos unha itinerancia por diferentes vilas da provincia co obxectivo de conseguir que o campus teña presenza nestes concellos. Dalgunha maneira queremos amosar a importancia que ten o campus para a provincia e ao mesmo tempo recoñecer o esforzo de moitos estudantes de fóra da cidade de Ourense, e das súas familias, que escollen o noso campus para estudar”, destacou Virxilio Rodríguez durante a visita.

Por parte do concello de Ribadavgal5ia a valoración foi igualmente positiva. “É un acerto que o campus se traslade ás vilas como a nosa porque o campus non deixa de ser de toda a provincia e que mellor nexo de unión que pór en valor o que fai a universidade, que é formar ás persoas que son referentes en diferentes ámbitos. Parécenos importante que se valore o feito de que moitos universitarios saen das vilas como a nosa”, apuntou o alcalde de Ribadavia. “Estamos orgullosos de ser a primeira vila en acoller este percorrido, que esperamos que sexa un éxito”, engadiu a concelleira de Cultura.

Check Also

embajad_grande

ACTUACIÓN DA GARDA REAL NO CONCELLO DE RIBADAVIA

O Concello de Ribadavia acollerá na tarde de mañá venres, día 19 de maio de …