FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO (FVR)

Datas: Primeira fin de semana do mes de maio.

Lugar de celebración: Ribadavia (Ourense). No recinto da Alameda.

Principais actividades:

  • Máis de 40 participantes (adegas e colleiteiros) con stand propio.
  • Exaltación e degustación dos viños do Ribeiro.
  • Cata Popular.
  • Showcookings harmonizados con viño do Ribeiro, a cargo de recoñecidos cociñeiros (Estrelas Michelin, Grupo Nove, entre outros).
  • Catas comentadas por sumilleres profesionais.
  • Gala Entrega dos Premios da Cata Popular.
  • Visitas guiadas ao Futuro Museo do Viño de Galicia e ao Castelo de Ribadavia.
  • Actuacións musicais en diferentes sesións (viño-aperitivo, ás 13.30 h, e nocturna, ás 21.00 h)
  • Sons do Viño (actuacións musicais en diversas rúas e prazas do conxunto histórico de Ribadavia).
  • Xuntanza de Bandas de Gaitas.
  • Food Trucks (proposta gastronómica con furgonetas que ofrecen os seus produtos).
  • Exposicións dos carteis da Feira do Viño do Ribeiro.
  • Curso da UNED exclusivo sobre temática do mundo do viño e do Ribeiro.
  • Actividades para os máis cativos (gastronomía, humor e diversión, manualidades, entretemento, etc.)
  • RibeiroMaxias (Espectáculos de maxia vencellados coa cultura do viño).
  • Ribeirolandia (zona infantil con atraccións para nen@s).