MAGOSTO E COGUMELOS EN RIBADAVIA

O Concello de Ribadavia convida a todos os seus veciños e veciñas a gozar do Magosto Popular  na Alameda Ribadavia con productos típicos da terra e actuacións musicais.

A tradicional festa do magosto, como cada ano lévase a cabo o luns, 11 de novembro, festividade de San Martiño.

Con tal motivo,  ás 20:00 horas, celebrárase na Alameda de Ribadavia e en caso de choiva será trasladado a PICUXA.

En dito evento, poderánse degustar de balde os típicos productos, como castañas, chourizos, pan e bica, todo elo acompañado de viño do Ribeiro e licor café.

Para amenizar a xornada contarase ca actuación das “Pandereteiras de Istoria” e de “Cé Orquesta Pantasma”.

Así mesmo, completando a programación e colaborando coa Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Portal e coa Asociación de Consumidores do Ribeiro; o domingo día 17 terá lugar unha degustación de cogumelos na Praza Maior ás 12:30h.

 

Check Also

Gañadores do Concurso Fotográfico Online de Disfraces do Entroido 2021 en Ribadavia.

Os premios son 5 vales de 30€ cada un, que serán trocables en calquera establecemento …