MASTERCLASS SOLIDARIA EN RIBADAVIA

O vindeiro domingo día 29 de maio de 2016, a Praza Maior de Ribadavia, en horario de 11.00 a 13.00 h, acollerá IMG_3217unha MasterClass Solidaria na que se poderá practicar zumba, aeróbic latino e tonificación.

A actividade está organizada pola Cruz Vermella do Ribeiro en colaboración co Concello de Ribadavia (a través do Servizo Municipal de Deportes) e do ximnasio Vilafit.

As inscricións poderanse levar a cabo dende o día 16 de maio, nas dependencias da Cruz Vermella, ou o propio día da actividade dende as 10.00 h na Praza Maior. Terá un coste de 5€ e levará consigo un boleto do Sorteo de Ouro.

Check Also

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018.

O Concello de Ribadavia abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para …