MELLORA DE ADECUACIÓN DOS PARQUES INFANTÍS DENTRO DA REDE C.R.A. AMENCER DO CONCELLO DE RIBADAVIA

Esta acción está promovida polo Concello de Ribadavia, a cal está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

A actuación consistirá na colocación de solo anti-impacto continuo para mellorar a seguridade dos nenos e nenas que empregan estas instalacións a diario.

O importe da axuda acada os 49.493,84 €, dos cales o Concello de Ribadavia achega 16.760,64 €.

As obras darán comezo ao remate do curso, sobre mediados do vindeiro mes de xuño.

Check Also

Axudas Ribadavia

AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA 2017

No DOG nº116 do día 20 de xuño de 2017 sae publicada a Orde do 1 …